Unary

Arquivos CREA: Unary

Ficha Técnica

Curtametraxe Ficción
Duración: 17 min.
Dirección: Luís Avilés
Produción: Elena Olivares e Nacho Caballero en coprodución con Pixel Films
Guión: Elena Olivares e Nacho Caballero
Fotografía: Lucía C. Pan
Montaxe: Juan Galiñanes
Música Orixinal: Nico Casal
Dirección de Arte: Alexandra Fernández
Intérpretes: Antonio Durán “Morris”, Iolanda Muíños, Miguel Borines, Machi Salgado, Olga Rodríguez, Luís Martínez, Genma Pardo, Alberto Vidar Paisal e Marina Sanz.

Unary

Unary

Sinopse

Tras 21 anos en prisión, Lucas enfróntase a un mundo que xa non coñece, a unha nova vida. Lucas está marcado por unhas rutinas, uns horarios, un entorno e uns pensamentos que non poderá manter fóra da cadea. O noso protagonista debe afrontar a voltar ao seu fogar e descubrir que está máis só do que desexa, xa que perdeu todo o que tiña. Será Lucas capaz de comezar de cero? É posible?

unary 2

“É unha historia de soedade, e de decepción que intenta establecer unha comunicación cos nosos prexuicios como expectadores. É unha historia que tenta crear unha reflexión sen querer ser moralista.” Así define o director Luís Avilés a súa nova curtametraxe, “Unary”, un drama sobre a privación libertade que parte dunha idea dos produtores Elena Olivares e Nacho Caballero, quenes firman tamén o guión e no cal o noso compañeiro Luís Avilés aporta a súa voz propia, unha ollada sobre unha historia que entronca con traballos anteriores como “Retornos” ou “A Subela” segundo conta o propio Avilés: “Veremos personaxes solitarios e aillados, na busqueda do seu propio perdón ou dunha última oportunidade, personaxes que observan máis que falan, temas tratados en A Subela e Retornos. E coma novedade o feito de traballar cunha historia que me propoñen e na que non participo no guión, collendo os puntos que me atraían e tentando adaptalos e pasalos polo meu filtro”

unary 3

Anecdotario

“Unary” foi unha curtametraxe que contou con moitas complicacións para saír adiante. Así relata o seu autor as dificultades e como saíron adiante: “Creo que Unary demostra eso de que se desexas algo de verdade a cousa vai a ir por ahi. A peli caéuse no medio da rodaxe e tanto eu coma sobre todo os productores souberon ver nese caos a oportunidade de mellorar o traballo. Os productores asumiron o risco e se enfrontaron o fracaso con valentía e criterio, esto xunto co apoio incondicional de todo o equipo acabou convertindo unha historia sen máis no que, na miña opinion, é agora Unary: unha historia chea de matices, de capas e unha pelicula máis que digna. Por outra banda considerome afortunado de traballar con actores coma Morris e o resto dos actores e actrices de Unary; son profesionais que a parte de facer o traballo moito máis doado son coma artesanos que collen o seu personaxe con mimo e responsabilidade sen deixar en ningún momento de propoñer e aportar, permitíndote con moita xenerosidade que ti coma director tomes as decisións e guies a nave. Unary foi unha gran experiencia.”

foto equipo_GRANDE

Compartir