Deprecated: Assigning the return value of new by reference is deprecated in /usr/home/galiciacrea.org/web/administrator/components/com_joomfish/classes/JoomfishManager.class.php on line 221

Deprecated: Assigning the return value of new by reference is deprecated in /usr/home/galiciacrea.org/web/administrator/components/com_joomfish/classes/JoomfishManager.class.php on line 230

Deprecated: Assigning the return value of new by reference is deprecated in /usr/home/galiciacrea.org/web/administrator/components/com_joomfish/classes/JoomfishManager.class.php on line 254

Deprecated: Assigning the return value of new by reference is deprecated in /usr/home/galiciacrea.org/web/administrator/components/com_joomfish/classes/JoomfishManager.class.php on line 263

Deprecated: Function eregi() is deprecated in /usr/home/galiciacrea.org/web/plugins/system/jfrouter.php on line 188

Deprecated: Function split() is deprecated in /usr/home/galiciacrea.org/web/plugins/system/jfrouter.php on line 189

Deprecated: Function eregi() is deprecated in /usr/home/galiciacrea.org/web/plugins/system/jfrouter.php on line 188

Deprecated: Function split() is deprecated in /usr/home/galiciacrea.org/web/plugins/system/jfrouter.php on line 189

Deprecated: Function eregi() is deprecated in /usr/home/galiciacrea.org/web/plugins/system/jfrouter.php on line 188

Deprecated: Function split() is deprecated in /usr/home/galiciacrea.org/web/plugins/system/jfrouter.php on line 189

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/galiciacrea.org/web/administrator/components/com_joomfish/classes/JoomfishManager.class.php:221) in /usr/home/galiciacrea.org/web/plugins/system/jfrouter.php on line 314

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/galiciacrea.org/web/administrator/components/com_joomfish/classes/JoomfishManager.class.php:221) in /usr/home/galiciacrea.org/web/plugins/system/jfrouter.php on line 315

Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /usr/home/galiciacrea.org/web/administrator/components/com_joomfish/classes/JoomfishManager.class.php:221) in /usr/home/galiciacrea.org/web/plugins/system/jfrouter.php on line 316

Deprecated: Assigning the return value of new by reference is deprecated in /usr/home/galiciacrea.org/web/components/libraries/cmslib/spframework.php on line 101

Deprecated: Assigning the return value of new by reference is deprecated in /usr/home/galiciacrea.org/web/components/libraries/cmslib/spframework.php on line 107

Deprecated: Assigning the return value of new by reference is deprecated in /usr/home/galiciacrea.org/web/components/libraries/cmslib/spframework.php on line 644

Deprecated: Assigning the return value of new by reference is deprecated in /usr/home/galiciacrea.org/web/components/libraries/cmslib/spframework.php on line 645

Deprecated: Assigning the return value of new by reference is deprecated in /usr/home/galiciacrea.org/web/components/libraries/cmslib/spframework.php on line 653
CREA - Welcome to CREA
Welcome to CREA

Deprecated: Assigning the return value of new by reference is deprecated in /usr/home/galiciacrea.org/web/plugins/content/plugin_googlemap2.php on line 262

Deprecated: Assigning the return value of new by reference is deprecated in /usr/home/galiciacrea.org/web/plugins/content/plugin_googlemap2.php on line 288

Deprecated: Assigning the return value of new by reference is deprecated in /usr/home/galiciacrea.org/web/plugins/content/azvideobot.php on line 43

Warning: Parameter 3 to mb_videobot() expected to be a reference, value given in /usr/home/galiciacrea.org/web/libraries/joomla/event/dispatcher.php on line 136
O polémico cambio de rumbo do FIC Xixón PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Friday, 20 January 2012 13:01
There are no translations available.



Nos últimos tempos o mundo da cultura e ben certo que non vive os seus mellores momentos (desaparición de Ministerios e Consellerías de Cultura por exemplo). E son moitas as iniciativas culturais que ou ben morren, son estranguladas ata manterse en coma, ou ben, e isto é case peor, son abandonadas ou dirixidas a rumbos que as conducen directamente ao esquecemento e a súa posterior desaparición.

No principado de Asturias son moitas as iniciativas culturais que estaban a acadar grande relevancia internacional e que nestes momentos a lo menos están en grave risco, como o xa defunto Centro Niemeyer, ou ocentro Laboral (a día de hoxe sen director). Agora tocoulle ao Festival Internacional de Cine de Xixón.

A destitución de José Luis Cienfuegos como director deste prestixioso festival non tería nada de particular, levaba 16 anos no cargo, se non fose por que os plans e o encargo que recibiu o novo director, (facer del un escaparate do audiovisual asturiano) fan pensar que o festival vai por moi mal camiño, e de feito xa son máis de 30 cineastas asturianos os que se desvencellaron do festival e 400 os cineastas asinantes do manifesto pola restitución. 

Pero hai máis plataformas que recollen firmas de todo tipo de efeccionados ao dine pola continuidade do festival, como por exemplo Actuable, ou oiga.me, esta última non recolle firmas a prol dun manifesto senón que pon nas nosas mans unha ferramenta para facer chegar o noso desacordo coa medida aos patrocinadores do festival (Ayto de Gijón, Teatro Jovellanos, Principado, ICAA, Programa Media, Coca Cola...) e que igual é realmente máis efectivo para conseguer premer por unha rectificación.
Se estas en desacordo co que está a pasar neste festival, o que sobran son vías de tentar evitalo.

 

Warning: Parameter 3 to mb_videobot() expected to be a reference, value given in /usr/home/galiciacrea.org/web/libraries/joomla/event/dispatcher.php on line 136
Nova Xunta Directiva de CREA PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Friday, 20 January 2012 11:09
There are no translations available.

O pasado 12 de xaneiro celebramos asemblea de CREA na Coruña.

Falouse moito do preocupante estado do sector en Galicia, e de como afrontar un ano que todo fai pensar que non vai ser sinxelo. Pero tamén foi unha oportunidade para ver a colegas de profesión que apenas vemos, tomar algo, e elixir nova e flamante xunta directiva.

Aínda que non mudamos de Presidente de CREA, a nova Xunta Directiva está renovada e toma o relevo da anterior con moita ilusión e proxectos que desenvolver neste ano.

Vos deixo a súa composición, ánimo a todos eles:


Presidente
Jorge Coira

Vicepresidente primeiro
Juan Lesta

Vicepresidente segundo
Paco Cuesta

Secretario
Alfonso Zarauza

Tesoureira
Susana Sotelo

Vocais
Ramón Costafreda
Manolo Abad
Mario Iglesias
Toño López
Carlos Sedes


 

 

Warning: Parameter 3 to mb_videobot() expected to be a reference, value given in /usr/home/galiciacrea.org/web/libraries/joomla/event/dispatcher.php on line 136
Mubi ofrece 14 días de visionado gratis. PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Tuesday, 17 January 2012 16:59
There are no translations available.



Xa teño falado aquí varias veces de Mubi, unha plataforma de visionado online de pago, que ofrece un especial catálogo de cine de autor, e que oferta online o programa de festivais do prestixio de Sundance, Cannes, Mar del Plata e decenas máis...
O abono mensual non se pode dicir que sexa caro, 7,99€/mes, que nos permiten ver ilimitadamente o seu repertorio. Pero por se non estábamos convencidos das bondades deste sistema, agora ofrecen gratuitamente 14 días de subscrición totalmente de balde, nos que poderemos ver todas as películas que queiramos.
O sistema é ben sinxelo, tes que darte de alta como usuario de pago. Unha vez es membro de pago, Mubi non cobra os primeiros 14 días de subscrición. Cumprido ese período, se o servizo non te gosta podes darte de baixa sen máis, na propia web.
Unha boa maneira de probar Mubi e de ver unha morea de cine de calidade na nosa casa.

Para darse de alta, preme nesta ligazón.

 

Warning: Parameter 3 to mb_videobot() expected to be a reference, value given in /usr/home/galiciacrea.org/web/libraries/joomla/event/dispatcher.php on line 136
Os zombies chegan a A Estrada esta noite de venres 13 PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Friday, 13 January 2012 13:54
There are no translations available.



A Estrada prepárase para unha “Zombie Walk” esta noite de venres 13 como actividade do 1º Festival de cine de terror de A Estrada, PANIC. Que ademais de esta curiosa actividade, na que convida a todo aquel que se disfrace de zombie a que acuda á praza da Cosntitución de A Estrada, moitas outras actividades no Panic On e Panic Off.
¿que pretenden facer con tanto zombie? Unha peza audiovisual promocional do propio festival, interpretada por Zombies estradenses basicamente (ainda que abertos a zombis de calquera parte do mundo).


O festival proxectará  catro películas de terror, dúas clásicas e dúas e actualidade:
13 de xaneiro
El Resplandor (1980) de Stanley Kubrik
20 de xaneiro
La Cosa, de Matthijs van Heijningen Jr.
27 de xaneiro    
Abierto hasta el amanecer (1996) de Robert Rodríguez
3 de febreiro
Attack the block de Joe Cornish, (2011), de Joe Cornish (gran vencedora de Sitges 2011)

As entradas son de balde ás 12 da noite e todas as proxección realízanse nos Minicines Central

Este festival ademais conta con outras interesante iniciativas como o PANIC ON, etapa xa rematada na que se impartiron charlas sobre o cine de terror a alumnos de ESO, IES e Bacharelato,  e o PANIC OFF, que anima a estes alumnos a crear trailers de falsas películas de terror, que se proxectarán dentro das actividades do festival.

A iniciativa está organizada polo Concello de A Estrada, Trípode producciones o Centro comercial Aberto e os Minicines Central.

Non parecen ter web, así que vos deixamos un trailer terrorífico.


 
Warning: Parameter 3 to mb_videobot() expected to be a reference, value given in /usr/home/galiciacrea.org/web/libraries/joomla/event/dispatcher.php on line 136
Ciclo de cine galego de estrea en Xociviga PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Wednesday, 28 December 2011 23:33
There are no translations available.



Xociviga, un dos eventos audiovisuais máis antigos de Galicia, está a programar un novo e interesante ciclo de cine galego para despedir o ano.
Recoñezo que con tanta celebración de nadal, esta nova case se me escapa, xa que este ciclo comezou o pasado mércores, e remata o vindeiro venres 30. Pero non vos preocupedes, xa que os títulos a proxectar rotan e aínda estades a tempo de non vos perder nin un dos interesantes títulos.
Neste ciclo poderanse ver títulos como Tralas luces da nosa compañeira Sandra Sánchez, Todos vossodes capitáns ou Non che doe entre outras.

As proxección terán lugar no Auditorio e na Casa da Cultura do Carballino e a entrada ten un custe de 4€ por sesión.

PPROGRAMACIÓN AUDITORIO
Día 28
20h    Años después
23h  Gala de inauguración: Sinbad
Día 29
18h  Sinbad
20h Todos vós sodes capitáns
23h Tralas luces
Día 30
18h Tralas luces
20h Años después
23h Todos vós sodes capitáns

PPROGRAMACIÓN CASA DA CULTURA
Día 28
18h Ciclo Lois Patiño: Esliva, Hacia el Origen, Ecos del bosque
20h Ciclo Lois Patiño: Zuma, Rayito
Día 29
18h Ciclo Lois Patiño: Esliva, Hacia el Origen, Ecos del bosque
20h As silenciadas
Día 30
18h Ciclo Lois Patiño: Zuma, Rayito
20h Non che doe?

Tedes toda a información e fichas das producións no blog do Cineclube Carballiño

 

Warning: Parameter 3 to mb_videobot() expected to be a reference, value given in /usr/home/galiciacrea.org/web/libraries/joomla/event/dispatcher.php on line 136
Angel de la Cruz de novo candidato aos Goya con Arrugas. PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Thursday, 12 January 2012 11:21
There are no translations available.



Estes días como cada ano soubemos a lista definitiva dos candidatos aos Goya e coma sempre houbo expectación xa que ser finalista é un importante escaparate para as producións e para a carreira profesional de técnicos e creativos do cine.
Todos lemos a lista a ver cantos amigos ou coñecidos optan cada ano ós premios. Recoñezamos que ver a soporífera gala (como todas elas, Oscar incluídos) resulta moito más entretida se andamos a buscar onde se sentan, ou se saen a recoller premio os nosos colegas.
A representación galega deste ano é significativa, hai seis candidatos galegos, pero a que máis ilusión nos fai, obviamente, é a do noso compañeiro de asociación Ángel de la Cruz.
Ángel, opta a premio como guionista e coprodutor da longa de animación Arrugas, que ten previsto estrearse o vindeiro 27 de xaneiro.
Ángel ten ampla experiencia nisto dos Goya pois xa tivo o honor de recoller outros dous por outras películas de animación El bosque animado y O soño dunha noite de San Xoán.

Desexámoslle toda a sorte do mundo e que recolla outros dous esta edición, e aproveitamos para felicitar tamén a outra compañeira que foi candidata, Sandra Sánchez, que merecía sen dúbida ser finalista polo seu impresionante documental Tralas luces.

 
Warning: Parameter 3 to mb_videobot() expected to be a reference, value given in /usr/home/galiciacrea.org/web/libraries/joomla/event/dispatcher.php on line 136
A rede de cineclubes busca producións para programar. PDF Print E-mail
Written by Juan Lesta   
Friday, 23 December 2011 16:41
There are no translations available.

O pasado 5 e 6 de novembro, xuntáronse en Ourense, os Cineclubes de Galicia, Portugal e Cataluña, nun encontro, que entre outras cousas, acadou o compromiso de establecer unha rede alternativa de distribución, entre os cineclubes federados en cadanseu territorio.
Isto supón, erguer un circuíto para aquelas producións que doutro xeito, serían inviables, no actual tecido establecido polas grandes majors, radicado nos complexos de multicines das grandes superficies comerciais.

Froito desta xuntanza, esta federación convida a participar nesta iniciativa coas produccións que se queira, e que servirán para a elaboración dun catálogo, coas condicións, formatos dispoñibles, autores, curriculum, crítica, etc.
O único requisito previo é que os traballos posúan subtítulos en castelán, se a súa versión orixinal no é o propio castelán.

Esta rede alternativa, supón actualmente, o acceso a 22 pantallas en Galicia, 49 en Portugal e 42 Cataluña.

A intención é que esta rede medre e se espalle polo resto do territorio nacional, Portugal e Latinoamérica, e para elo, a Federación de cineclubes de Galicia, ten previsto presentar unha primeira selección cos traballos galegos, no encontro de cineclubes de Viana do Castelo (Portugal), que esta previsto celebrarse nos primeiros días de maio.

Esta rede quere deixar claro que o seu obxectivo, non pretende substituír a labor das distribuidoras, senón establecerse coma unha canle alternativa levando traballos a públicos que doutro xeito nunca tería acceso a este tipo de producións.

Se estás interesado en facerlles chegar o teu traballo, contacta con eles neste correo This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it , ou visita a súa web  feciga.org

Neste vídeo fan un resumo das súas actividades deste último ano:

 
<< Start < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Next > End >>

Page 1 of 23

Deprecated: Function ereg_replace() is deprecated in /usr/home/galiciacrea.org/web/plugins/system/jfdatabase/jfdatabase_inherit.php on line 549